ENTREVISTAS REALIZADAS POR DIFERENTES MEDIOS SOCIOCULTURAIS E PERIODÍSTICOS A VECIÑOS DE CABO DE CRUZ

O COMETIDO DESTE BLOG É O DE RECOPILAR ENTREVISTAS A XENTE CERCANA A CABO DE CRUZ. A MAIORÍA SON FEITAS POLA VOZ DE BARBANZA, E UNHAS CUANTAS DO DIARIO DIXITAL "CERTO.ES", ASÍ QUE SIMPLEMENTE SON LIGAZÓNS A ALGÚNHAS DESAS REPORTAXES. OUTRAS DAS QUE CARECEN DE LINK EN INTERNET, SERÁN POSTAS DIRECTAMENTE COMO NOVAS ENTRADAS.

SI ATOPAS ALGUNHA OUTRA QUE NON ESTÉ NESTE LISTADO, NON DUBIDES EN NOTIFICALO, DANOS UN TOQUE PARA ENGADILA.

xoves, setembro 27, 2012

Alicia Chedas Lorenzo, profesora xubilada, ex-directora do colexio de Valiño e actualmente voluntaria da Cruz Roja

«O cariño e agradecemento que recibo non se pagan con diñeiro»

A profesora busca con este curso que os maiores eviten a súa deterioración cognitiva e consigan mellorar a memoria

Amabilidade e dedicación son as bases que rexen a vida de Alicia Chedas Lorenzo. Leva en Boiro desde a década dos setenta, e fala marabillas da zona. Nestes momentos, áchase inmersa no proxecto Taller para a memoria, en Cabo de Cruz . Este programa é unha iniciativa de Cruz Vermella.
-¿En que consiste o taller?
-Este curso está encamiñado a evitar a deterioración cognitiva das persoas da terceira idade e a conseguir mellorar a súa memoria. No taller damos consellos e advertencias sobre o estilo de vida que deben adoptar os maiores de 55 anos. Tamén informamos sobre exercicios de reminiscencia que poden facer nas súas casas ao longo do día.
-¿Como tomou a decisión de participar neste curso?
-Unha das responsables do grupo da Cruz Vermella de Boiro propúxome colaborar. Terminaba de xubilarme e vin esta oportunidade como un servizo que debía prestar aos demais. Afortunadamente, participar no taller foi unha grata decisión, xa que o cariño e agradecemento que recibo non se paga con diñeiro.
-¿Que formación ten relacionada con este campo?
-Fun a varias charlas informativas e durante o curso reunímonos para resolver dúbidas. Ademais, durante 38 anos exercín como mestra, así que me vía capacitada para desenvolver este labor.
-¿Que actividades realizan no curso para maiores?
-Todas as semanas traballamos con fichas nas que hai que describir as viñetas, atopar as diferenzas ou completar frases con determinadas palabras. Tamén practican cálculo, intentan resolver sinxelos problemas, memorizan poemas e cancións e facemos pequenas obras de teatro.
-¿Durante canto tempo impartirase?
-A intención que temos é levar a cabo o taller durante todo o ano. Nesta edición, en concreto, fomos unha vez por semana a facer camiñadas por distintas zonas da localidade como Cabo de Cruz ou Escarabote. Nestes momentos contamos cun total de trinta participantes.
-¿Este curso está unhaicamente dirixido aos maiores de Boiro ou poden acudir doutras zonas?
-O taller está dirixido principalmente ás persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio boirense. Os participantes móstranse moi satisfeitos e seguen apuntándose cada ano.
-¿En que momento nace a iniciativa de crear un curso como este?
-Os talleres empezaron a executarse no 2001. É unha actividade altamente positiva. A idea parte da Cruz Vermella de Boiro, ao ver que non había ningunha iniciativa parecida que velase polos maiores. Desde o principio contaron coa estreita colaboración do Concello.
alicia chedas lorenzo voluntaria dun taller para maiores
«Este curso está encamiñado a evitar a deterioración cognitiva das persoas da terceira idade»
«Todas as semanas traballamos con fichas nas que hai que describir viñetas ou atopar as diferenzas»

Ningún comentario: